InicioCentralAlfozDenuncian unha nova desfeita nun castro de Alfoz por mor dunha plantación...

Denuncian unha nova desfeita nun castro de Alfoz por mor dunha plantación de eucaliptos

Mariña Patrimonio e Adega critican que o uso de maquinaria pesada e a apertura de buracos afectou de xeito importante ao ben.

Publicada o

- Advertisement -

A asociación ecoloxista Adega e o colectivo MariñaPatrimonio presentaron denuncia ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural polos posibles danos ocasionados no xacemento arqueolóxico do Castro da Croa de Montoxo, no municipio lucense de Alfoz, como consecuencia dos traballos forestais realizados na zona para a curta e replantación de eucaliptos.

Segundo informan ambas as asociacións mediante un comunicado, ao visitar o xacemento os seus membros comprobaron que foran abertas no Castro de Montoxo novas pistas para facilitar o paso da maquinaria e a retirada da madeira cortada, actuacións que afectaron “gravemente aos parapetos e aos fosos defensivos en varios puntos”.

Ademais, informaron de que tanto nos parapetos como nos fosos e na croa do castro foron realizados “centos de buracos cunha pa mecánica para a plantación de novos eucaliptos”. “En moitos deses buracos poden apreciarse mesmo pedras das antigas construcións do castro, así como numerosos restos cerámicos da Idade do Ferro“, indicaron.

Os colectivos denunciantes informan tamén de que “na zona máis elevada do xacemento chama poderosamente a atención a gran cantidade de fragmento de tella medieval que aparecen nos buracos abertos pola escavadora”.Desde o seu punto de vista, estamos “ante un auténtico atentado contra o patrimonio cultural de Galicia”, critican.

Culpan desta situación á propia administración, porque está a dar permisos de intervención, a propósito de que no Catálogo de Patrimonio Cultural existen erros, tanto na xeolocalización como na delimitación de moitos xacementos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...